O OGSI acaba de publicar o informe de resultados da “Enquisa ás empresas TIC de Galicia 2008”. O estudo pretende analizar a situación das empresas das tecnoloxías da información e da comunicación en Galicia, contribuíndo a un mellor coñecemento da realidade deste sector e monitorizando a súa evolución.
Dentro da sección de “Equipamento tecnolóxico das empresas” analízase a presenza do software libre nas TIC, co seguinte resultado:
“Un 52,2% das empresas dispón de software libre, destacando a súa implantación nos servidores (sistema operativo, bases de datos e servizos de Internet), tal e como indica o 79,6% destas, e, nun segundo lugar, nos postos de usuario, tanto no relacionado con paquetes de ofimática, 71,1%, como co propio sistema operativo, 51,4%.”

“Así, en coherencia cun apuntamento anterior, o maior nivel de disposición do software libre é o 55,2% das empresas de actividades informáticas e o 56% das de máis de 50 empregados/as.”

