Mancomún

Máis traducións de software das CiberIrmandades da Fala

Luns, 22 Setembro 2008

http://www.mancomun.org/images/stories/ciberirmandade.pngOs voluntarios da CiberIrmandade veñen de rematar a tradución ao galego do IspCP Omega, aplicación de Panel de Control Open Source para ISP, segundo nos informa o usuario Lois nos foros de Mancomún:

IspCP Omega (http://www.isp-control.net/ispcp/wiki/translations)

“O idioma galego estará presente de forma oficial desde o comezo na versión estable deste proxecto grazas ao esforzo dos voluntarios/as que colaboraron na localización ao noso idioma desta aplicación.”

Ademais, no portal da CiberIrmandade da Fala vemos outro anuncio de que o WinMerge tamén foi traducido ao galego.

Todo isto, feito con voluntarios a través do sistema de tradución en liña TraduCIF:
http://www.ciberirmandade.org/traduCIF/main.php

Fontes:

Foros de Mancomún

http://www.ciberirmandade.org

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal