Mancomún

MakaGiga: lector de RSS, xestor de tarefas, e moito máis…

Mércores, 1 Abril 2009

Nun principio MakaGiga foi un proxecto de código libre que no seu día naceu como un sinxelo lector de RSS. Mais o paso do tempo e á medida que foi crecendo a súa popularidade, tamén se incluíron moitas máis funcións, que o  acabaron convertendo nun software que abrangue moitas máis funcionalidades.

Entre todas as funcionalidades segue destacando como lector de RSS, pero agora ademais inclúe un xestor de tarefas, un bloc de notas, un visualizador e editor de imaxes, xestor de copias de seguridade, buscador, xestor de notiñas, e moitas máis cousas que se poden descargar co seu sistema de plugins. Ademais, tamén se poden programar novos plugins.

MakaGiga funciona baixo Java, polo que pode funcionar tanto en Windows coma en Linux.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal