
Trala boa acollida da primeira edición, a Compostela Maker Faire celebrase este ano, na súa segunda edición, entre as datas do 1 e o 2 de outubro no Pazo Congresos de Santiago de Compostela. Este ano o evento pasará a nomearse como a MAKER FAIRE GALICIA, co obxectivo de consolidarse como un evento anual que serve de punto de encontro para os mellores creadores da comunidade, potenciando unha Galicia innovadora e colaborativa.
As ferramentas de fabricación dixital estanse a popularizar grazas ao desenvolvemento de espazos creativos compartidos (FabLabs, HackerSpaces, MakerSpaces e espacios de Coworking) e ao intercambio de coñecementos e información que se xeran nestas comunidades de profesionais.
Arduino, Impresoras 3D, Open Structures, Open Source Ecology… son só algunhas das ferramentas que usan.
A Maker Faire Galicia, non é un evento pechado á participación. Pola contra, todo o interesado en participar coa presentación, exhibición ou demostración do seu proxecto pode facelo presentado a solicitude no formulario de inscripción da propia web do evento.
A Maker Faire naceu en 2006 na baía de San Francisco como un proxecto dos editores da revista Make: magazine. Dende entón medrou ate converterse nunha rede mundial significativa de eventos producidos de forma independente (Maker Faire history, Maker Movement, Maker Faire e School Maker Faire).
Coa divulgación dos proxectos a través do Movemento Maker búscase que medre a inquietude pola innovación e xerar un punto de contacto para a transmisión de coñecemento entre as diferentes xeracións.
¿Que é un Maker?
O concepto Maker ben do mundo angloxasón e úsase para denominar ao que aquí pódese coñecer coloquialmente como a figura do manitas, un creador ou na súa tradución máis literal un facedor.
Os Makers son persoas curiosas por natureza, queren aprender, divertirse, mellorar, compartir, resolver un problema ou cumprir u seu sono, pero o importante é que intentan facelo realidade, non se quedan só na idea.
Ademais de realizar os seus proxectos, compártenos con Makers de todo o mundo, o que permite una innovación moito máis áxil. Esto está dando lugar ao que coñecemos hoxe en día como o Movimento Maker. Este movemento basease na cultura do Do It Yourself o Faino Tí Mesmo e a aplicación dos principios do software libre á nos procesos de fabricación.
Organización da Maker Faire Galicia
Vermis Project, Enrique Saavedra e Marcos Saavedra compoñen este estudio adicado á innovación educativa, social e empresarial. En 2014 crean VermisLab, un proxecto educativo baseado no movimento maker e cuxo obxectivo é explorar novas posibilidades no ámbito da formación, potenciando a creatividade e estimulando a curiosidade do alumnado polas novas tecnoloxías, o deseño ou a ciencia.
Matilde Rodriguez, creadora do proxecto de xestión cultural O Gato Cosmico, com o que leva máis de 5 anos organizando eventos culturais e comisariando exposicións en Galicia. A ilustración contemporánea, o arte urbano, a música e la filosofía DIY definen este proxecto que naceu coa idea de dar visibilidade á creación galega e aos artistas máis emerxentes do panorama galego actual.
Chus Prol, a medio camiño entre a formación e a comercialización, goza aportando no desenvolvemento de persoas. Ultimamente xestiona o espazo colaborativo Doutroxeito Coworking.
