Mancomún

Makerbot, kit para construír a túa propia impresora 3D

Luns, 15 Xuño 2009
Makerbot: impresora 3-D

Makerbot é un produto dunha pequena empresa que consiste nun kit robótico para construír a túa impresora 3-D; permite crear prototipos rápidos en plástico de todo tipo de obxectos.

Funciona mediante unha especie de inxector de filamento plástico quente, que vai construíndo a figura capa a capa movéndose para iso ao seu redor a través dunha plataforma robótica.

Unha das súas características máis destacábeis é que o software baixo o que funciona é software libre e ademáis, a través das súas instrucións e planos, pódeselle indicar á impresora que cree pezas para actualizarse a si mesma.
O kit custa un 750 dólares se o compras sen montar, e sobre uns 2.500 se a compras xa montada, un prezo que pode resultar elevado; pero non tanto si se compara coas solucións profesionais.

Fonte da nova:
http://www.microsiervos.com

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal