Como vos anunciamos hai unhas semanas, os días 30 de novembro e 1 de decembro terá lugar Centro Cultural Ágora de A Coruña a segunda edición da Open Source Hardware Demonstration organizada por Bricolabs e a asociación Ghandalf.
O programa xa está pechado, e conta con relatorios, obradoiros, espazos de demostración e concursos.
A inscrición para os obradoiros abriuse onte mesmo. Todos eles teñen prazas limitadas para garantir a calidade e interactividade das actividades. A adxudicación de prazas realizarase por rigorosa orde de inscrición. Dende a organización solicitan que só se inscriban se están seguros de poder asistir ao obradoiro, e que se teña conta de non apuntarse a obradoiros co mesmo horario.
Por suposto, ademais dos obradoiros hai moitas outras actividades interesantes durante toda a fin de semana. Se queres asistir aínda estás a tempo de te inscribir como asistente.
Programa completo
SÁBADO
- 10:00 Apertura de portas, recepción de asistentes e entrega de agasallos de benvida aos máis madrugadores.
- 10:30 – 14:00 Relatorios, espazos e sorteos (A orde das charlas pode variar)
- 10:00 Charla inaugural
- Charla Robótica
- Charla Conector Wentook e portos GPIO
- Charla de SpainLabs
- Charla de impresión3D
- Charla de Extrusora de plástico
- Charla sobre Crowdfunding
- Charla Bricogeek
- 16:00 – 20:00 Concursos, obradoiros e espazos
- 16:00 – 17:00 Concurso de robots siguelíñas.
- 17:00 – 19:00 Talleres (simultáneos)
DOMINGO
- 10:00 Apertura de portas e recepción de asistentes.
- 10:30 – 14:00 Relatorios, espazos e sorteos (A orde das charlas pode variar)
- Charla Octocóptero e demostración
- Charla Escáner 3D e graffiti láser
- Charla Estación de sensores
- Charla módulos de comunicación e cuadricóptero
- Charla interfaces por control mental e xestos
- Charla E-drum low cost
- Charla Raspberry pi monitorizando gaiola de animais
- Charla semáforo de ruído
- 16:00 – 20:00 Concursos, obradoiros e espazos.
- 16:00 – 17:00 Concurso de preguntas e respostas.
- 17:00 – 19:00 Obradoiros (simultáneos)
- 20:00 Despedida e peche.
Esta actividade forma parte das actividades que a asociación Ghandlalf desenvolve ao abeiro do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2013 da Xunta de Galicia.
