Mancomún

Mancomún convoca tres nova prazas de técnico en Software Libre

Xoves, 25 Setembro 2008

A S.A.X. CESGA convoca tres novas prazas para técnicos do proxecto Mancomún. En concreto as prazas publicadas son:

Os requirimentos das prazas pódense consultar nas oferta completas.

Para presentarse ás distintas ofertas é imprescindible cumprimentar correctamente o apartado de “Documentación a presentar obrigatoriamente” de cada unha das ofertas.

Oferta enviada á lista de ofertas de emprego de Software Libre de Mancomún.

As funcións para cada un dos postos detállanse a continuación.

TÉCNICO DE FORMACIÓN EN SOFTWARE LIBRE

  • Realizar accións de formación divulgativa sobre SwL destinadas á PEME e á sociedade galegas.
  • Participar no deseño de contidos formativos ou materiais de apoio para a difusión e formación en SwL dentro do proxecto Mancomún.
  • Colaboración noutras actividades de difusión do Software Libre.


TÉCNICO EN SOFTWARE LIBRE

  • Desenvolver e implantar un servizo de demostración de aplicacións libres de interese para a PEME.
  • Colaborar no mantemento e difusión do Directorio de Empresas de SwL de Galiza.
  • Colaborar no desenvolvemento doutros servizos web do proxecto Mancomún.
  • Participar noutras actuacións dirixidas á promoción da implantación de SwL na PEME galega.

TÉCNICO EN SOFTWARE LIBRE

  • Participar no desenvolvemento, mantemento e actualización dos servizos web do proxecto mancomun.org.

  • Participar noutras actuacións técnicas dirixidas á promoción do SwL na PEME galega dentro do proxecto mancomun.org.

  • Colaboración en actividades de difusión do Software Libre.

Máis información nas ofertas completas

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal