Mancomún

Mancomun.org participa na OpenOffice.org Conference 2007 que dá comezo hoxe en Barcelona

Mércores, 19 Setembro 2007
OOoA OpenOffice.org Conference 2007 comeza hoxe en Barcelona reunindo a membros da comunidade deste conxunto de aplicacións de oficina de todo o mundo. Trátase dun encontro anual que permite analizar os avances levados a cabo durante estes últimos doce meses e reforzar os lazos da comunidade. Mancomun.org estará presente cunha charla o venres sobre a súa experiencia na localización da versión galega.
 

Está prevista a asistencia de máis de 1.000 persoas de todo o mundo nun evento que comeza hoxe, na súa parte pública, e rematará o venres 21. Os temas a tratar versarán sobre estándares, localización, melloras no proxecto…
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal