Mancomun.org participou nas xornadas celebradas o pasado martes 13 de novembro ao redor do Software Libre que a
Confederación Empresarial de Ourense está a celebrar baixo o título “Xornadas de promoción e difusión do Software Libre entre as empresas da provincia de Ourense”. Baixo o relatorio “Mancomun.org tecido empresarial galego no eido do Software Libre” presentouse a situación do Software Libre entre a PEME galega. A xornada completouse coa participación de Javier Rodeiro, profesor da
ESEI de Ourense e integrante do grupo de investigación sobre ferramentas de libres de xestión empresarial para a PEME promovido por Mancomun.org que falou sobre alternativas libres a aplicacións propietarias.
Máis información: Web da CEO.