Mancomún

Mancomún participa como patrocinador no Software Freedom Day

Venres, 12 Setembro 2008
SFDMancomún participa na celebración do Día Mundial da Liberdade do Software (Software Freedom Day) sendo patrocinador oficial deste evento que se celebra en máis de 80 países do mundo e serve para difundir os beneficios do Software Libre para a educación, as empresas, a administración e os usuarios en xeral. O Software Freedom Day terá lugar o vindeiro sábado 20 de setembro.

Software Freedom International coordina a celebración deste evento que se realiza a traves de grupos de voluntarios de todo o mundo. Outros patrocinadores oficiais do evento son Google, Canonical, a Free Software Foundation, o grupo de usarios danés de Unix e Mindtouch.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal