Continúa o traballo conxunto de Mancomún con
Mozilla, iniciado grazas á movilización da comunidade g11n a raíz das polémicas declaracións do presidente da Fundación Mozilla-Europa. O Mozilla Camp Europe 2008 é un evento que terá lugar entre o 25 e 26 de outubro cunha serie de conferencias que reunirán a distintos membros da comunidade Mozilla para discutir sobre desenvolvemento, localización, calidade e comunidade arredor deste proxecto, especialmente a comunidade europea.
O Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza foi convidado a participar neste evento, ao que acudirá o noso coordenador Xesús Manuel Benítez Baleato. A cita será no Citilab de Cornellá de Llobregat (Barcelona) e xa pode consultarse o programa provisional deste encontro europeo.
