Mancomún

Mandriva anuncia a creación da Asemblea Mandriva Linux

Martes, 10 Febreiro 2009

 Segundo se anunciaba en decembro de 2008, créase unha asociación entre Mandriva e a súa comunidade. Mandriva, editora líder en Europa, acaba de estabelecer a  estrutura da Asemblea Mandriva Linux.

Os roles, tarefas e misións deste comité internacional tal como se desglosan a seguir, perseguen o obxectivo de motivar os futuros membros que desexen participar nesta iniciativa.

A comunidade Mandriva Linux reúne un amplo abano de participantes:

  • As persoas usuarias desta distribución que poden estar promovendo activamente o Open Source e Mandriva Linux no ámbito das asociacións.
  • Os probadores das versións de desenvolvemento cuxo obxectivo é desvelar erros e presentar suxestións para melloras.
  • Empaquetadores e desenvolvedores que toman activamente parte no desenvolvemento.
  • Tradutores de ferramentas e documentos en liña, ou non.
  • O equipo de programadores de Mandriva, webmasters líderes de proxecto.

Este grupo de participantes forma a forza de Mandriva Linux. E, para soster e aproveitar os seus talentos e a industria quedou claro que precisabamos darlles unha estrutura clara para traballar internamente. Mandriva propón un boletín mensual desde assembly-announce@mandriva.org.
Discutiranse os puntos nos que se está a traballar, o calendario de traballo, programas de investigación, estratexia global, OEM e actividades de empresa. Esta lista pode ser lida por todos e será complementada por assembly-discussion@mandriva.org que lles permitirá aos membros da Asemblea Mandriva Linux opinar ou solicitar máis información sobre os puntos discutidos.

Mandriva identifica tres grupos principais na Asemblea Mandriva Linux:

  • Mandriva User Groups (MUG): 1 representante por país ou grupo de países.
  • Mandriva Cooker: cociñeiros-xefes, no número de 5, seleccionados pola comunidade de “cociñeiros”.
  • Mandriva empresa: Mandriva será representado por 5 membros, dos cales 2 son do equipo francés (Anne Nicolás, VP de enxeñaría, e Frédéric Crozat, xerente de enxeñaría en Francia), 2 do equipo brasileiro de enxeñeiros (Gustavo Pichorim Boiko, e Claudio Matsuoka ) e Romain D’Alverny, webmaster do web Mandriva para toda a infraestrutura.

A Asemblea Mandriva Linux vai ter arredor de tres grupos de traballo:

  • MUG: comprende todos os representantes de MUG e dous representantes de Mandriva. A súa misión é mellorar a comunicación entre as asociacións en todo o mundo sobre Mandriva Linux e Open Source en xeral, pero tamén para promover os intercambios sobre temas ligados directamente á distribución , empregar para compartir iniciativas locais e axudarlles aos usuarios a presentar as súas necesidades e propostas.
  • Cooker Menú: este grupo vai traballar sobre a xestión diaria da distribución de Mandriva Linux, e os seus desenvolvemento futuros. Os seus membros representarán os tres grupos listados arriba: Mandriva (5), Cooker (5), MUG (5). Debe proporcionar o encontro ideal para os usuarios finais e deseñadores para o intercambio de ideas, aumentar as peticións específicas para debate sobre especificacións técnicas das futuras versións …
  • Cook Chefs: este grupo será o encargado de mellorar a operación diaria de Mandriva Cook. Estará composto por un número igual de representantes da Mandriva e os contribuíntes.

Verbo de Mandriva

Mandriva, anteriormente coñecida como Mandrakesoft, é a editora de Mandriva Linux, un sistema operativo doado de usar e innovador. É un dos máis populares no mundo Linux. Dedicado á proporcionar acceso as tecnoloxías de fonte aberta a todos os usuarios, a empresa ofrece unha gama completa de produtos e servizos para individuos, empresas e organizacións gobernamentais. Os produtos Mandriva dispoñíbeis en liña en 80 idiomas e en máis de 140 países a través de canais dedicados. Coa sede situada en París, Francia, a empresa comercializa publicamente no Mercado Libre Euronext.

Máis información en http://www.mandriva.com/

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal