Mancomún

Mandriva convoca un concurso para escoller os 10 fondos de pantalla para Mandriva 2010

Xoves, 1 Outubro 2009

MandrivaMandriva convocou por medio do seu blog oficial, un concurso aberto a toda a comunidade co obxectivo de atopar dez fondos de pantalla para o lanzamento da versión 2010 da súa distribución.

Calquera persoa que estea interesada en crear un fondo de pantalla para Mandriva 2010, teríao que facer antes do 19 de outubro de 2009 mandando a súa imaxe ao grupo Flicker de Mandriva 2010 bakgrounds contribution. Madriva engadirá o nome de todos os participantes nos créditos da distribución e ademais premiará aos creadores dos 10 fondos elixidos para engadir na nova distribución cun Powerpack 2010 , a distribución de pago de Mandriva. É importante subliñar que os dez fondos que se engadan na nova Mandriva 2010 teñen que ser de dez participantes distintos.
Para que as imaxes enviadas poidan ser válidas para o concurso teñen que cumprir as seguintes condicións:

  • Tamaño mínimo:1920×1440

  • Sen borde

  • Sen texto

  • Sen logo (Nin sequera o de Mandriva)

  • Se hai xente non pode ser recoñecíbel

  • Sen dereitos de autor, só os do participante

  • A licenza da imaxe ten que ser CC by SA 3.0 ou posterior

  • A imaxe empregarase como fondo, polo que debe interactuar ben cos elementos do escritorio, como son os accesos directos, iconas, etc

Fonte: kdeblog.com

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal