Mancomún

Manual de deseño con LibreOffice con licenza Creative Commons

Luns, 22 Agosto 2016

Desinning with LibreOffice non é a usual guía de aprendizaxe que adoitamos atopar e que serve para aprender a traballar coa típica ferramenta ofimática. Lonxe deste arquetipo de manual, este libro opta por unha aproximación máis fresca facendo fincapé na importancia do uso de estilos e padróns de documentos. Este enfoque de edición, algo máis custoso de primeiras, permite concentrarse no contido do documento en troques do formato, permitindo facer moito máis sinxelos os cambios visuais e formato a posteriori.

O libro está liberado con licenza Creative Commons Attribution-Share Alike. Baixo esta licenza, o posuidor dunha copia pode distribuíla ou copiala ou mesmo editala en tanto en canto se manteña a mención do autor da obra e os cambios e non se modifique as condicións da licenza.
Centrándose no deseño de padróns de documentos, o libro vai amosando gradualmente técnicas máis sofisticadas para mellorar a presentación dos documentos contrapoñendo pros e contras das decisións tomadas. O resultado desta aproximación é unha revisión única acerca de LibreOffice. Se o lector é un usuario novel en LibreOffice, o libro deixaralle unha imaxe clara sobre esta ferramenta e as súas posibilidades.

Actualmente o libro está dispoñible en inglés mais prevese a súa tradución, cando menos, ao francés, español e xermano. O acceso para descarga do mesmo está na web do propio libro mais pódese mercar tamén a copia impresa do mesmo.

Tanto para un usuario de LibreOffice coma doutro descendente do antigo OpenOffice.org como o Apache OpenOffice ou NeoOffice, Designing with LibreOffice é un bo libro para mellorar as habilidades á hora de facer documentos cos mesmos.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal