Mancomún

Manual de instalación e configuración básica de Ubuntu 8.10 nun sistema dual

Luns, 6 Abril 2009

Ubuntu-tuxCarlos Carrion, profesor de informática do IES San Clemente de Santiago de Compostela, anunciou a través da rolda de correo “softlibre-edugal” a publicación, na plataforma de manuais de dito instituto, dun completo manual de Instalación e configuración básica de Ubuntu 8.10 nun sistema dual, distribuído baixo unha licenza Creative Commons Recoñecemento- Non comercial- Compartir igual 3.0.

Aínda que este manual foi deseñado para o curso de formación “Sistema operativo GNU-LINUX: UBUNTU” pretende ser de carácter xeralista e o máis aberto posíbel co obxectivo de servirlle de guía a calquera persoa afeita ao emprego de MS Windows e que pretenda ter no seu computador un sistema dual (MS Windows e GNU/Linux).

Trátase dun manual totalmente gráfico, que inclúe máis de 1670 imaxes,  que comeza polo máis básico e percorre a instalación de aplicativos, configuración de usuarios, permisos, firewalls, SAMBA…

Segundo informa o propio autor, aínda lle resta un 10% de traballo para finalizar este excelente material, pois afirma que aínda cómpre pulir algunhas cuestións, engadir ligazóns, corrixir erros … Segundo os seus cálculos prevé telo rematado para maio.

Este manual está pensado para o uso de Ubuntu 8.10, e polo tanto completamente aplilicábel ao Galinux 8.10 publicado o pasado mes de febreiro.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal