Mancomún

Map Sheets, unha extensión de gvsig para creación automática de series de mapas.

Venres, 13 Setembro 2013
Captura da extensión Map Sheets en funcionamentoMap Sheets é un complemento ou extensión de gvSIG, que permite crear automaticamente series de mapas que cubran unha certa área de interese, permitindo a variación dos valores dos campos por cada folla. Estes mapas pódense finalmente gardar en formato pdf ou enviar á impresora.

Este complemento foi desenvolvido no ano 2011 pola asociación gvSIG, a través da colaboración da empresa prodevelop SL e o laboratorio Cartolab da UDC, co financiamento da Deputación Provincial de Pontevedra e na por aquel entón Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe, e actualmente Instituto de Estudos do Territorio, da Consellería de Medio Ambiente, Transporte e Infraestruturas da Xunta de Galicia. Esta primeira versión funcionaba só para a gvSIG 1.2.

O pasado mes de xullo, anunciouse a súa actualización para a rama gvSIG 2.0 que ademais de actualizarse á versión máis moderna de gvSIG, tamén incorpora novidades interesantes.
Entre as novidades destacan a posibilidade de rotar o marco asociado a cada folla durante o axuste da mesma de forma que nese mapa que se xerará automaticamente igual que antes, o Norte non será necesariamente a marxe superior da folla, aínda que o mapa siga tendo forma rectangular.

Dende a empresa desenvolvedora teñen elaborado un vídeo que amosa o funcionamento de todas esas novidades da nova versión de Map Sheets.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal