Mancomún

Mapa conceptual do software libre en galego

Venres, 12 Decembro 2008
A xente da Oficina de Software Libre da USC traduciu ao galego o Mapa Conceptual de Software Libre de René Mérou, mantedor de paquetes de Debian. Esta tradución engadirase ás outras nove traducións existentes para completa-la decena.
http://www.mancomun.org/images/stories/map-gl-600.png

Como podemos ler na súa páxina :

O Mapa Conceptual de Software Libre é xa un documento de referencia, con grande aceptación na comunidade e varias versións (ilustrada, con iconas das aplicacións, só texto…). É empregado na Wikipedia, en libros da UNESCO (podemos ver unha nova en Bulma sobre isto) e en conferencias de divulgación. Dispoñer deste documento en galego supón, tanto máis agora que están a se mover as augas no eido da divulgación entre a poboación, unha grande axuda e unha ferramenta importante que a nós nos é útil e, agardamos, tamén o ha de ser para o resto da comunidade.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal