Mancomún

Mapa conceptual do Software Libre en galego

Luns, 9 Novembro 2009

Desde o blogue de Miguel Bouzada en Galpón enterámonos de que René Mérou acaba de liberar o “Mapa conceptual do Software Libre”:

Mapa Conceptual do Software libre“Un pode explicar o rico mundo do software libre usándoo como guía ou incluso dalo en man sen ter que dar longas explicacións. O gráfico descríbeo de xeito intuitivo e usando as propias referencias que ten a xente sobre os conceptos relacionados co que é bastante rápido e evita que nos teñamos que lembrar de todo e que se poida dar unha explicación demasiado persoal ou emocional…”

Está dispoñíbel en varios idiomas, entre eles o galego, grazas á tradución do propio Miguel Bouzada. Tamén se pode descargar a tamaño 800×600 desde bulma ou tamén o documento fonte desde es.gnu.org para que o poidades editar con Inkscape.

Segundo o propio autor indica, estas son as últimas versións do mapa conceptual do software libre e as súas traducións máis recentes. O anterior artigo contou con máis de 100.000 visitas, 24 traducións e máis de 400 webs que falan del…

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal