Nesta páxina podemos atopar un interesante diagrama representando as diferentes capas e funcións do kernel.

Dende aí, facendo zoom, e movéndonos polas partes que máis nos interesen, teremos ocasión de navegar por varias ligazóns, que nos levarán directamente a un sistema de navegación e busca no que poderemos consultar o código de linux, liña por liña, con abundantes ligazóns.
Este sistema de navegación polo código de linux conséguese grazas ao software LXR . LXR é un software de propósito xeral que indexa código fonte e fai ligazóns cruzadas entre as palabras clave e as súas definicións. Está dispoñible dende sourceforge, baixo a licencia GNU GPL.
