Mancomún

Mark Shuttleworth solicita o envío de capturas de pantalla para mellorar o escritorio de Ubuntu

Venres, 2 Xaneiro 2009
Fran Diéguez informa no seu blogue da nova iniciativa de Ubuntu para incrementar o nivel de usabilidade das novas versións, difundida, nesta ocasión ,polo propio Mark Shuttleworth a través da rolda pública de correo de Ubuntu.

No correo o presidente de Canonical anima a que os usuarios de Ubuntu ou de calquera outra distribución de GNU/Linux envíen as capturas de pantalla do seu escritorio co propósito de servir de inspiración para a mellora das futuras versións da distro. A mensaxe non é suficientemente clara de a onde mandar as imaxes pero en xeral solicita que sexan dunha resolución de 1024×768, que sexan de dúas a tres e que amosen varias ventás como o navegador, o cliente de correo, etc.

Sen dúbida, con esta iniciativa poderase obter unha gran retroalimentación, xa que entre a comunidade de usuarios e desenvolvedores de Linux sempre existiu un gran talento e creatividade.

Fonte: GLUG

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal