Mancomún

Máster en Informática Social e Desenvolvemento Urbano-Rexional

Mércores, 1 Outubro 2008
Investigadores sociais e técnicos do GIS-T poñen en funcionamento para o curso académico 2008-2009 o Máster en Informática Social e Desenvolvemento Urbano-Rexional da Universidade de Santiago.

Os obxectivos do Máster teñen orientación profesional e investigadora. No ámbito profesional, a intención  é formar a técnicos especializados en TIC, Informática Social e Desenvolvemento Urbano-Rexional, cubrindo novos postos de traballo na administración pública e nas comunidades locais como axentes de desenvolvemento social especializados en novas tecnoloxías. En termos de investigación, o obxectivo é formar a investigadores de excelencia especializados en técnicas de investigación cuantitativa e cualitativa.

Ata o vindeiro 30 deste mes pódese realizar a preinscrición.

Este máster ofrece 10 bolsas de matrícula e prácticas remuneradas para todos os alumnos e alumnas que decidan realizalo. Ademais proporciona a posibilidade de realizar a metade do curso en prestixiosas universidades europeas: Universidade Do Porto (Portugal), Universidade do Minho (Portugal) e University College Cork (Irlanda).

Toda a información atópase na páxina Posgrao Propio da USC, ou a través do enderezo electrónico master @ gist-idega . org.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal