Mancomún

Melloras no Corpus de Mancomún

Martes, 30 Setembro 2008

http://corpus.mancomun.org/imax/corpus.png Vimos de realizar melloras no Corpus de Mancomún como resposta á demanda dalgúns membros da comunidade.

A maior novidade é a creación dun par de motores de busca (baseados nas especificacións de OpenSearch) para incorporalos na barra de buscas web do Firefox e outros navegadores compatibles con OpenSearch, como Internet Explorer.

Grazas a estes motores é posible axilizar as buscas no Corpus.

Motores de busca para o Corpus

Existen dous motores, un para a dirección de en->gl e outro para gl->en que realizan a busca do termo inserido en todos os proxectos. Para instalalos só hai que acceder á páxina inicial do Corpus e ao premer na ligazón correspondente, apareceranos un diálogo de confirmación para a instalación do motor. Aceptamos a instalación e xa teremos instalado o motor de buscas.

Outras características do Corpus:

  • Posibilidade de busca en todos os proxectos
  • API de consulta (vía XML e XML-RPC) para o desenvolvemento de aplicacións, que permite programar aplicacións que fagan buscas no Corpus.
  • Desenvolvementos baseados no Corpus de Mancomún:
    Desenvolvementos na Forxa usando
    a API do Corpus.
    Plugin para gedit

    Plugin para gtranslator

O Corpus de Mancomún é un corpus de sublinguaxe LSP (Languages for Special Purposes) co fin de formalizar un repertorio terminolóxico na localización de software libre ao galego. O corpus está composto polos ficheiros PO que inclúen a tradución ao galego de determinados proxectos e que permite procurar palabras en inglés (ou en galego), e que devolve parellas de frases inglés-galego (ou galego-inglés) nas que se atopa o texto procurado correspondente.

Trátase dunha ferramenta moi útil para coñecer como se ten traducido unha determinada palabra noutros proxectos e manter así unha coherencia terminolóxica.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal