Mancomún

Memoria de tradución de Gnome 2.28

Martes, 29 Setembro 2009
http://corpus.mancomun.org/imax/corpus.pngMancomún súmase á celebración do Día do Tradutor que terá lugar mañá en todo o mundo coa publicación da memoria de tradución da última versión de Gnome e a súa incorporación ao aplicativo Corpus para a realización de buscas nel.

Acabamos de publicar a memoria de tradución de Gnome 2.28. Esta memoria é a correspondente para a versión de Ubuntu 9.10 Karmic Koala que estará publicamente dispoñíbel a finais do vindeiro mes, en cumprimento do seu calendario.

  • Memoria de tradución en formato estándar TMX
(O .tmx tamén se pode obter directamente no propio Corpus) dentro da lista de novidades).
  • Compendio de ficheiros en formato PO

Con esta nova versión, que foi completada practicamente ao 100%, a comunidade en coordinación con Mancomún dá probas da súa competitividade e eficacia xa que se sitúa entre os 5 equipos de tradución con maior porcentaxe de cadeas traducidas.
Lembramos que tamén foi publicada, o 25 de marzo, a memoria de tradución do Gnome 2.26, que é a versión de Gnome que inclúe a versión de Ubuntu (9.04).

Todas estas actualizacións tamén foron propagadas ao aplicativo Corpus de Mancomún de maneira que se poden facer buscas sobre estas traducións.

Nota: para obter os ficheiros compre descargar desde as ligazóns da lista de correo propostas e renomear o ficheiro .bin obtido a un .tar.gz para poder abrilo normalmente
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal