Mancomún

Microsoft crea a Codeplex Foundation

Luns, 14 Setembro 2009

http://t2.gstatic.com/images?q=tbn:QTzyu1kf9ZceDM:http://joel.neubeck.net/wp-content/uploads/2008/06/codeplex-logo_thumb.jpgAínda que a comunidade de software libre parece ser bastante escéptica ao respecto, o certo é que son moitos os movementos que se están levando a cabo por Microsoft no que se refire a código aberto. A iniciativa máis recente é a creación de CodePlex Fundation, unha entidade sen ánimo de lucro ao máis puro estilo da comunidade Linux -segundo indican na rede- e financiada pola corporación.

O obxectivo de Microsoft, segundo explican na páxina da fundación, é unir aos desenvolvedores de código aberto e ás empresas de software en proxectos conxuntos, así como ofrecer un contorno participativo para o “intercambio de ideas”.

O presidente da fundación será Sam Ramji, quen agora é responsábel en Microsoft dos proxectos que a compañía realiza na área do software libre. Este estará acompañado por outros traballadores da compañía, exceptuando a algúns colaboradores independentes como Miguel de Icaza ou Shaun Walker.
A noticia de esta fundación chega nun momento complicado nas relacións entre o software libre e o privativo. Despois da guerra de patentes que incluso levou ao xulgado á corporación, esta foi de novo acusada de confundir aos clientes que instalaron nas súas máquinas Windows e Linux á vez, así como de intentar xerar dúbidas ante os desenvolvedores de linux a través dun escuro plan de compra-venda de patentes.

Fonte: http://codeplex.org/

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal