
O CTT (Centro de Transferencia de Tecnoloxía) da Administración Xeral do Estado anuncia no seu portal a nova integración do buscador federado do CTT co resto de directorios de aplicacións pertencentes a outras administracións.
Para a mellora do uso, migrouse a súa funcionalidade a unha nova contorna, plenamente integrada tecnoloxicamente dentro do CTT e do PAe. Ademais actualizáronse os procesos de federación con todos os directorios asociados.
En concreto, o conxunto dos directorios federados actualmente son:
- O propio CTT
- Repositorio da Junta de Andalucía
- Mancomun – Xunta de Galicia
- Programari Lliure – Baleares
- OpenApps – Euskadi
O resto de administracións rexionais apostaron por non crear una infraestrutura propia e usar directamente o Centro de Transferencia de Tecnoloxía para ofrecer as súas solucións reusables.
Polo tanto, a través do buscador federado do CTT pódense encontrar máis de 550 soluciones reutilizables polas Administracións Públicas tanto de ámbito estatal, como rexional e local.
Ademais, o CTT encóntrase federado co portal JOINUP, o instrumento equivalente europeo xestionado pola Comisión Europea con financiamento do Programa ISA, a cal servirá de instrumento de apoio á política de reutilizar, compartir e colaborar en relación coas aplicacións de fontes abertas, os activos semánticos e outras soluciones de interoperabilidade para as administracións públicas. A federación do CTT con JOINUP baséase no estándar ADMS-AP que tamén desenvolveu a Comisión Europea.
Grazas a esta federación, a través do buscador de JOINUP pódense encontrar todas as solucións postas a disposición no CTT, xunto con outros activos dispoñibles a nivel europeo.
