Mjrz é unha ferramenta de xestión financeira para a xestión de gastos e ingresos. O seu deseño é intuitivo e de uso sinxelo pensado para usuarios no seu uso doméstico ou na pequena empresa, que non estean familiarizados cos principios de contabilidade. Mjrz PFM é unha aplicación base dos principios de contabilidade da dobre entrada.
As principais características de Mjrz PFM son:
-
Interface amigable de uso sinxelo e intuitivo.
-
Multiplataforma, traballa sobre calquer máquina que conte cunha máquina virtual de Java.
-
Xestión de gastos e seguimento de conta de balances.
-
Xeración de informes.
-
Crear e garda filtros complexos para procurar no historial de transaccións.
-
Gráficos e diagramas para os activos, responsabilidades e valor neto.
-
Vista de prezos do inventario. Gráficos para o seguimento histórico dos prezos.
-
Axenda de enderezos, email, números de teléfono, …
-
Importación datos en formato OFX para interoperabilidade con bancos e tarxetas de crédito. Soporte do último formato Quicken.
-
Importación de contactos de outlook, Yahoo mail, Gmail, …
-
Datos cifrados para maior seguridade. Acceso a ferramenta protexido por contrasinal
-
Soporte multi idioma (inglés, alemán, portugués, turco, castelán)

Pantallazo Mjrz.net
Mjrz PFM está liberado baixo licenza Apache v2.0. Para obter máis información do proxecto consultar a súa web, Mjrz.net.
