MoBlock é unha utilidade que bloquea enderezos IP sospeitosos, similar a PeerGuardian. Trátase dun aplicativo de consola que bloquea as conexións desde/cara aos host que se lle indiquen nunha lista. Descarga listas actualizadas de IP ou rangos que se dedican a enviar publicidade, facer intrusións en equipos, espiar P2P, etc. En realidade, o que fai este aplicativo é transferir unhas listas que se actualizan diariamente a Iptables para manter o computador san e seguro.
O Moblock conta con licenza GPL e está deseñado para sistemas operativos GNU/Linux. Fai uso das últimas características engadidas no núcleo, polo que o seu funcionamento resulta moi lixeiro, tanto no que atinxe á CPU como á memoria ocupada, que é arredor de 13 MB.
Moblock pretende ser a alternativa en GNU/Linux de PeerGuardian. De feito segundo se anuncia na páxina web de MoBlock, existe un plan feito con Phoenixlabs, que son os reponsábeis de PeerGuardian, para que MoBlock sexa o cliente de PeerGuardian para GNU/Linux.
Para instalar MoBlock en Ubuntu Jaunty hai que engadir os seguintes repositorios:
deb http://ppa.launchpad.net/jre-phoenix/ppa/ubuntu jaunty maindeb-src http://ppa.launchpad.net/jre-phoenix/ppa/ubuntu jaunty main
Unha vez engadidos os repositorios hai que importar as claves, para o que se executa nunha consola o seguinte:
gpg --keyserver keyserver.ubuntu.com --recv-keys 9C0042C8gpg --export --armor 9C0042C8 | sudo apt-key add -
E para rematar execútase tamén en consola:
sudo aptitude install moblock blockcontrol mobloquer
Unha vez instalado, preguntará as características da rede para configurar os portos, redes internas etc.
Fonte: http://vidalinux.blogspot.com/2009/08/moblock-bloquea-las-ips-indeseables.html
