Mancomún

Moitas melloras en QEMU 5.1

Mércores, 19 Agosto 2020

Lanzamento de QEMU 5.1 (emulador e virtualizador de máquinas xenérico e de software libre que utiliza a tradución dinámica, logrando un moi bo rendemento), achega moitas melloras.

Novidades destacadas: soporte para a migración en vivo en sistemas AMD EPYC con virtualización aniñada, soporte de Rexión de Memoria Persistente (PMR) da especificación NVMe 1.4, as placas Raspberry Pi agora soportan o controlador USB, e outras melloras de ARM, posibilidade de seleccionar POWER10 como tipo de máquina na fronte de IBM PowerPC, ampla variedade de melloras en RISC-V (incluíndo soporte para o SiFive E34, CPU Ibex, HiFive1 Rev B, OpenTitan), soporte mellorado de aceleración HVF en Apple macOS e varias melloras no cifrado, entre outras.

Máis información na nota oficial de lanzamento

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal