Mancomún

Morfeo, a comunidade de software libre de Telefónica xa alberga 60 proxectos

Xoves, 22 Xaneiro 2009
Morfeo é unha comunidade de emprendedores que aborda proxectos de innovación e desenvolvemento de tecnoloxías baseadas en software libre. Creouna en 2004 Telefónica I+D xunto coa Universidade Politécnica de Madrid e a Universidade Rei Juan Carlos. Empezou cunha serie de proxectos por un total de 300.000 euros. En 2008, alberga 60 proxectos cun orzamento superior aos 10 millóns de euros.
Cada proxecto, que ten vías de financiamento moi distintas, desde públicas a privadas, debe ser aprobado polo órgano de goberno da comunidade. Telefónica fornece a infraestrutura para apoiar os proxectos e dálles visibilidade na Internet. Unha das vantaxes desta comunidade é a rede de contactos.
 
Empezou en España, agora ten dimensión europea, con proxectos apoiados pola UE, e está a piques de dar o salto a Sudamérica, con Brasil como cabeza de ponte. “Estamos a crear unha rede de laboratorios coas universidades que teñen unha actividade estábel en Morfeo para dar acubillo á súa participación na rede. Hai dous en Madrid e esperamos que o próximo que abra sexa na Universidade de Sao Paulo, en Brasil”, comenta Juan José Ferro, experto tecnolóxico principal na área de tecnoloxías software de Telefónica…

Máis información na fonte orixinal da nova:
http://www.elpais.com

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal