Mancomún

Motorola e Google entran no consello de asesores de GNOME

Xoves, 6 Novembro 2008

A Fundación GNOME anunciou que Motorola e máis Google hanse unir ó consello de asesores de GNOME e patrocinar á Fundación GNOME.

GNOME

 Con estas dúas incorporacións ó seu consello de asesores, a Fundación GNOME segue a reforzar o seu apoio á industria e demostra que o apoio ó software libre e de código aberto está medrando – especialmente no espacio dos móbiles, con tecnoloxías coma GNOME Mobile.

 Os fondos e recursos adicionais serán empregados en programas que apoien o obxectivo de GNOME de acceso universal, tales coma programas de axuda á accesibilidade, estudios de usabilidade e esforzos para a internacionalización

“Google está orgulloso de patrocinar os grandes esforzos dos nosos compañeiros no desenvolvemento de Software Libre e de código aberto”. Son palabras de Chris DiBona , responsable de Programas de Código Aberto en Google. “Estamos encantados de continuar a nosa colaboración coa Fundación GNOME ó ingresar no consello de asesores da Fundación”

“Motorola cre en estándares abertos e tecnoloxías de código aberto”. Christy Wyatt, vicepresidente, de Motorola.

Para obter máis información, pódese consultar o anuncio de prensa na páxina de GNOME.

 

O proxecto GNOME ten tres obxectivos principais:

  •  Escritorio libre e de código aberto accesible a todos. GNOME é un escritorio libre dispoñible para todo o mundo, sen importar o idioma, habilidades físicas ou experiencia técnica.
  • Plataforma de desenvolvemento. GNOME é unha plataforma de desenvolvemento potente para desenvolver aplicacións libres e de código aberto.
  • GNOME Mobile. As tecnoloxías de GNOME proporcionan unha base para aplicacións móbiles, dende tablets ata teléfonos móbiles.

 

 

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal