Observamos que na Forxa se produciron as seguintes novidades: ![]()
Publicouse unha liberación da extensión para gvSig Guía Empresas
Esta liberación inclúe xestión de empresas e usuarios, buscas de empresas e valoracións de emprazamentos idóneos para novas empresas.
gvSig Guía Empresas nace co obxectivo de proporcionar un conxunto de ferramentas de análise nun sistema de información xeográfica.
Actualizado dynpres á versión 0.95b
Engádese soporte para distribucións de última xeración (Ubuntu, Fedora, etc…) e todas aquelas cun LaTeX baseado en TexLive. Mantense a compatibilidade cara atrás co antigo tetex, para que tamén poida ser usado polas distribucións máis estables (CentOS, etc…)
dynpres – Dynamic Presentations é un software de presentación dinámica para pantalla completa e diapositivas con transición automática.
Tamén se rexistraron novos e interesantes proxectos:
- hunspell-g :Este proxecto consiste no código fonte do corrector ortográfico de galego Hunspell. Creouse para o mantemento das distintas versións do corrector ortográfico hunspell de galego creado orixinalmente para o OpenOffice.org
- Guía de Desenvolvemento TYPO3: é unha guía de desenvolvemento do xestor de contidos TYPO3. nace coa intención de “fomentar o uso de esta ferramente e axudar a novos desenvolvedores a iniciarse na mesma”. Trátase dun proxecto de documentación, baixo a licencia Creative Commons by-sa
- Aitire API for Joomla!: Aitire API for Joomla! 1.5 é unha bibliteca de desenvolvemento rápido de extensións Joomla!
