A Fundación Mozilla anunciou onte o retraso da terceira beta de Firefox 3.1, por mor do gran número de bugs que aínda quedan por solucionar.
Este contratempo, non obstante, non está previsto que afecte á data final de publicación da versión 3.1, aquendada para finais do primeiro trimestre deste ano, segundo afirmou o director de Firefox, Mike Beltzner.
Deste xeito, a beta 3 de Firefox 3.1, programada inicialmente para o 26 de xaneiro, será agora adiada unha semana máis, para o 2 de febreiro.
Firefox 3 fala galego
O Firefox 3 está dispoñíbel para a súa descarga en galego dende que, o pasado mes de decembro, a Fundación Mozilla incorporou a nosa lingua na listaxe oficial de idiomas do seu popular navegador web.
Este feito foi posíbel grazas á intermediación no proceso de tradución do Centro de Referencia e Servizos de Software Libre, quen coordinando á comunidade galega de localización de software libre e coa colaboración da Consellaría de Innovación e Industria conseguiu desbloquear unha situación de estancamento que se levaba arrastando dende había cinco anos.
Segundo esta iniciativa, xa é posíbel descargar directamente o Firefox en galego dende a páxina oficial de Mozilla, tanto para Windows, Mac ou Linux, sen necesidade de extensións engadidas – tal como estaba fornecendo Mancomún como substitutivo da versión oficial.
Actualmente Mancomún está xa a traballar na tradución dos restantes compoñentes da suite Mozilla: Thunderbird, Sunbird, Seamonkey e Camino.
Fonte: HispaMP3
