Mozilla acaba de doar 100.000 dólares en fondos nunha iniciativa de colaboración coa Fundación Wikimedia para implantar tecnoloxía baseada en estándares na web.
Os estándares da web aberta evolucionaron considerabelmente durante este anos e a compatibilidade co navegador é mellor que nunca, mais unha área importante onde os estándares xusto están aínda arrancando é o streaming de vídeo. Os plugins privados no navegador son amplamente usados na web para reproducir os videos nos sitios máis populares. Isto supón unha seria traba e dálles aos vendedores de software privado a capacidade controlar o medio.
A pesar de que alternativas como Microsoft Silverlight están empezando para cambiar o campo de xogo forzando a Adobe a abrirse, aínda non hai unha alternativa baseada en estándares que poida mover o equilibrio do mercado a prol do lado das persoas usuarias finais e reducir os muros que limitan os contidos de video e a experimentación na web.
Mozilla deulle á Fundación Wikimedia unha subvención de 100.000 $ para financiar o desenvolvemento do formato Ogg e os códecs para multimedia Theora e Vorbis. Estes códecs de multimedia abertos están pensados para non seren subvertidos mediante atentes de software, o que significa que poderán ser libremente aplicados e utilizados sen ter que pagar royalties ou custos de licenzas aos seus titulares. Isto diferencia os Ogg e Theora de moitos outros formatos que son amplamente utilizados hoxe.
As melloras no desenvolvemento do Ogg serán coordinadas pola Fundación Wikimedia. Esta organización usa Ogg para practicamente todos medios de contido rico, o cal fai dela un dos medios de comunicación máis grandes que adoptaron ese formato na Internet. Nunha declaración publicada no web da organización , o director de Wikimedia, Erik Möller, expresou o seu apoio á iniciativa e explicou que os formatos abertos son necesarios para asegurar a dispoñibilidade de contido libre en formatos sen restricións.
“Os estándares abertos para audio e vídeo son importantes porque poden ser utilizados por calquera para calquera propósito sen dereitos de licenciamento, e poden ser inspeccionados e mellorados por unha comunidade aberta. Hoxe, o vídeo e o audio na web son dominados por tecnoloxías privativas, e aínda máis frecuentemente envoltos en códecs de manexo de fonte pechada, segundo Möller. “
Mozilla está integrando a capacidade de manexar o formato Ogg en Firefox 3.1, así que a vindeira versión do popular navegador de fonte aberta será capaz de reproducir medios con Ogg sen requirir ningún plugin ou software externo. O manexo do formato Ogg será posíbel a través de Firefox coa implementación do elemento HTML 5 de vídeo, que permite entrelazar estes contidos cos do HTML convencional e xestionados polo DOM. Mozilla demostrou hai pouco o modo de utilizar este elemento para o streaming de víde o. O navegador Ópera tamén está integrando capacidades de manexo de estándares de video no seu navegador e ten xa unha implantación funcional para OOg con HTML 5.
A pesar de que a tecnoloxía está arrancando, levarálle o seu tempo ao estándar ser apoiado en termos xerais de modo que anime aos sitios que distribúen contidos ricos. Ao carecer do apoio no DRM, que é é inherente na implementación da abertura, tamén probabelmente impide a adopción por parte de importantes creadores de contido comercial. As solucións baseadas en estándares poden non ter nunca posibilidades de desprazar a Flash, mais é preciso dar os primeiros grandes pasos para que isto poida chegar a ser unha posibilidade.
