O 31 de marzo de 1998 foi a data oficial na que se liberou publicamente baixo unha licenza libre a primeira versión do código fonte de Mozilla. Ademais, con ese lanzamento, naceu a organización Mozilla.
Aquí esta a nova publicada na páxina de Mozilla.org que fai un repaso por estes dez primeiros anos, os obxectivos conseguidos e as tarefas que quedan por diante.
Coincidindo con este décimo aniversario, a consultora Forrester Research publica un estudo que mostra que o uso de Firefox polos traballadores das empresas TIC doblouse no último ano e xa alcanza un 18%…
A consultora fixo este estudo no mes de decembro entre 50.000 traballadores de empresas. Outros resultados deste estudo son que o 79% usa Internet Explorer (en todas as súas variantes) e o resto de navegadores (Opera, Safari, etc…) teñen o 3 por cento restante.
Estudo de Forrester Research:
“Enterprise Desktop And Web 2.0/SaaS Platform Trends, 2007″
