Mozilla doou o proxecto Servo (motor de navegador escrito en Rust e desenvolto por Mozilla en colaboración con Samsung) á Fundación Linux, organización sen fins de lucro que supervisa traballos de desenvolvemento de Linux.
Servo evolucionará como un motor de navegador independente. Os principais obxectivos de desenvolvemento seguirán sendo os mesmos: proporcionar un motor seguro e de alto rendemento para integralo noutras aplicacións.
“O historial da Fundación Linux para aloxar e apoiar as tecnoloxías de código aberto máis ubicuas do mundo convérteo no fogar natural para facer crecer a comunidade Servo e aumentar o soporte da súa plataforma”, dixo Alan Jeffrey presidente técnico do proxecto Servo.
