Mancomún

Mozilla lanza a primeira versión de desenvolvemento do Thunderbird 3

Xoves, 15 Maio 2008
 A comunidade desenvolvedora de Thunderbird xa pode acceder á primeira versión de desenvolvemento de Thunderbird 3. Esta versión está dirixida exclusivamente á comunidade desenvolvedora para a súa validación e está encamiñada á introdución de melloras para a actualización do xestor de correo.

O lanzamento desta nova versión foi inesperadamente adiantado por Mozilla debido a presentación do que deron en chamar Mozilla Messaging. Esta trátase da nova fundación subsidiaria creada por Mozilla coa intención de que o desenvolvemento de Thunderbird non quedase estancado por mor do grande éxito de Firefox. Deste xeito, Mozilla Messaging orientarase cara a aplicacións de caracter comunicativo  (axenda de eventos, busca optimizada…)

Baixo esta perspectiva de mellora, a versión de Thunderbird 3 opera sobre Gecko 1.9, un motor de renderización que actúa igualmente como plataforma. Este sistema xa foi empregado anteriormente no desenvolvemento de Firefox 3 ofrecendo soporte para JavaScript 1.8

Capturas de pantalla da nova versión de Thunderbird: 

 

 

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal