Con esta nota de prensa publicada na páxina mozillamessaging.com anunciábase onte o lanzamento da nova versión do coñecido cliente de correo electrónico Thunderbird. Thunderbird 3 está dispoñíbel en 49 idiomas, e funciona en plataformas Windows, Linux e Mac OS X. Esta nova versión conta con máis de 2.000 melloras dende a versión anterior, entre as que se inclúen o correo con separadores, un motor de busca completamente novo, arquivado de mensaxes incorporado e cartafoles intelixentes.
![]()
Se quere comezar a empregar Thunderbird 3 en galego, visite gl.www.mozillamessaging.com e poderá descargar este aplicativo.
As novas características de Thunderbird 3 axudarán aos usuarios a traballar máis rápido ao tempo que ofrecen a flexibilidade e a seguridade ás que nos teñen afeitos en todas as versións de Thunderbird.
As novas características máis destacadas deste novo lanzamento inclúen:
- Correo con separadores: ofrece a capacidade de mostrar correos e cartafoles en separadores, e mesmo páxinas web, empregando engadidos. Deste xeito, os usuarios poderán ir saltando entre os distintos separadores, do mesmo xeito que manexamos as páxinas web en mozilla Firefox. Thunderbird mesmo recordará os separadores dos cartafoles ao arrancar.
- Busca filtrada: Deseñada pensando na busca, a nova interface de busca en Thunderbird 3 contén ferramentas para o filtrado e para consultar o histórico, que axudarán aos usuarios a atopar o correo exacto a partir da coincidencia das palabras, destinatarios ou mesmo tipos de anexos.
- Arquivado de correo
- Axenda “un-click”: permite engadir xente á nosa axenda simplemente premendo na icona de estrela que aparecerá nas mensaxes recibidas de novos contactos
- Novo asistente de configuración de contas de correo: Comezar con Thunderbird 3 é máis sinxelo que nunca. O novo asistente só preguntará un par de datos simples, como a conta de correo e o contrasinal, no canto dos parámetros IMAP, SMTP, SSL/TLS.
- Cartafoles intelixentes: combina caixas de correo individuais para axudarnos a xestionar múltiples contas de correo nun só punto
- Xestor de engadidos
- Mellor integración con Gmail
- Mellor integración con Windows e Mac OS X
- Motor Gecko 1.9.1: O mesmo motor de renderizado de páxinas e a mesma infraestrutura de imaxes que emprega Firefox
- Actualizacións automáticas
Recursos adicionais:
- Pode descargarse Thunderbird 3 dende www.getthunderbird.com
- As FAQ de Thunderbird 3
- Imaxes e capturas de pantalla de Thunderbird 3
- Para obter máis información sobre Mozilla Thunderbird 3 visite www.mozillamessaging.com
