A Fundación Mozilla informou que cerca de medio millón de copias do Firefox 3 beta 1 foran descargadas desde hai unha semana, e que á esta primeira beta a seguirán dúas máis antes de liberar a versión final o próximo ano.
Os desenvolvedores do Firefox 3 anunciaron que se liberará unha nova versión beta antes de finais de ano e unha terceira a comezos do 2008.
O equipo de Firefox dixo que se descargaran 420.000 copias desta primeira beta e que cerca dunhas 100.000 descargas eran de beta testers activos.
Tamén, o pasado venres, en Mancomun.org anunciouse a dispoñibilidade dunha primeira versión do paquete de idioma ao galego para o Firefox 3, así como un novo corrector mellorado…
As próximas versión beta tamén incluirán os redeseños da interface visual para Windows Vista, GNU/Linux e Mac OSX, que dará ao navegador un estilo moito máis apropiado dependendo do sistema operativo no que se estea a usar. Os usuarios que dispoñan da beta 1 en Mac OSX poden probar un adianto de como será este estilo instalando o tema chamado Proto dispoñible para Firefox 3 en Mac OSX desde a páxina de complementos de Mozilla.
Fonte orixinal da nova:
http://blogs.zdnet.com/open-source/?p=1723
