Mancomún

Mozilla mellora a seguridade e velocidade na nova versión beta do Firefox 3.1

Mércores, 10 Decembro 2008

http://www.mancomun.org/images/stories/firefox-wordmark-vertical_small.png O motor de Javascript TraceMonkey e as melloras de seguridade na navegación son as grandes melloras que presenta o Firefox 3.1, do cal se presentou unha nova beta este luns. Esta é a segunda beta da futura versión do Firefox 3.1. A anterior versión beta saíu fai unhas sete semanas.

“Non acabaron de pasar 6 meses desde que lanzamos Firefox 3; e hai que ter en conta que a web evoluciona realmente moi rápido, polo que nos tamén. Incluso antes do lanzamento da versión 3, xa estabamos traballando na seguinte versión”, dixo Mike Beltzner, director de desenvolvemento de Firefox.

Coa saída de Firefox 3, o navegador conseguiu un aumento drástico do seu rendemento con respecto á versión 2, e o mesmo pasará coa versión 3.1 con respecto á versión 3…

 

“Firefox 3 traerá un novo motor de Javascript chamado ‘TraceMonkey’ que vai supoñer unha incrible mellora no rendemento do navegador, especialmente para as aplicacións web, pero sobre todo a experiencia de gozar dun navegador realmente aínda máis rápido que Firefox 3. A idea é facer que os ciclos de desenvolvemento sexan máis curtos para poder ofrecer estas melloras aos usuarios tan pronto como sexa posible.”

Podes ler a nova completa na súa fonte orixinal en inglés:
http://www.linuxinsider.com/rsstory/65433.html

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal