Mancomún

Mozilla pásase a Riot/Matrix

Xoves, 9 Xaneiro 2020

Mozilla abandona IRC para comunicarse, debido a varios problemas como que a miúdo está bloqueado nos firewalls, que non proporciona ferramentas para protexer contra o spam, entre outros.

Os servidores IRC de Mozilla (irc.mozilla.org) desaparecerán en marzo de 2020.
Despois de case un ano de investigación, Mozilla tomou a decisión:
“Decidimos substituír IRC con Riot/Matrix, aloxado por Modular.IM”.

Matrix é a ferramenta óptima para a comunicación entre os desenvolvedores de Mozilla, xa que é un proxecto aberto que utiliza estándares abertos.
A compañía planea lanzar o novo servizo en xaneiro.

Máis información no anuncio oficial.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal