A Fundación Mozilla anunciou que espera superar a marca Guinness de descargas de software na Rede en 24 horas, co lanzamento da nova versión do seu navegador, Firefox 3, que está previsto para o mes de xuño.
O reto, que xa foi bautizado como Download Day, terá lugar o mesmo día do lanzamento do novo navegador. A fundación animou aos seguidores de Firefox a que apoien a iniciativa e presten o seu apoio ben sexa comprometéndose a descargar Firefox 3, ben organizando unha festa, invitando a amigos, ou colocando botóns do Día da Descarga nas súas páxinas web.
Para iso, Mozilla puxo a disposición dos usuarios un enderezo web no que poder descargar Firefox 3 no Download Day, así como unha para organizar festas e outra para engadir botóns e banners do navegador a páxinas web, blogs ou perfís.
Desde 2004, a comunidade Firefox creceu até acadar os 175 millóns de usuarios. Firefox está dispoñible en máis de 45 idiomas, ás que se engadirá proximamente a versión oficial en galego.
Fonte: Vnunet
