Mancomún

MUAN, animación cadro-a-cadro

Xoves, 29 Xaneiro 2009

Visto en Asennadas:

Muan“MUAN ( Manipulador Universal de Animação) é un sistema de software libre para animación cadro-a-cadro, desenvolvido para GNU/Linux. Foi concibido polo Anima Mundi, Festival Internacional de Animación do Brasil, e desenvolvido polo IMPA, Instituto de Matemática Pura e Aplicada, co apoio de IBM.

A súa interface gráfica permite a rápida creación, edición, manipulación e visualización de animacións, utilizando cámaras de vídeo ou webcams conectadas ao computador. Por ser elaborado para propósitos educativos, MUAN é sinxelo, doado de manexar, e contén funcionalidades que atenden tanto a quen principia canto a profesionais da animación.

A través do sistema MUAN, tórnase posíbel gravar imaxes fixas en secuencia e editalas no mesmo ambiente, cunha interface intuitiva e rápido rendemento. A instantaneidade favorece a espontaneidade e creatividade do traballo de animación. O MUAN non crea  nin edita as imaxes en si senón que está enfocado na manipulación do secuenciamento de imaxes.

Na súa web está dispoñíbel unha galería de vídeos producidos con MUAN. Asemade pódese descargar a versión en código fonte , rpm e deb seguindo esta ligazón.”

Fonte: Asennadas

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal