Mancomún

Mule, plataforma para a integración de aplicacións empresariais

Xoves, 19 Abril 2007

Mule é unha plataforma Software Libre para a integración de aplicacións. Vén sendo un ESB (Enterprise Service Bus) deseñado para soportar transaccións de alto rendemento e multi-protocolo. Mule pode ser empregado para mensaxería entre sistemas de información, como middleware transaccional, ou como parte dun servidor de aplicacións.

A natureza extensible do núcleo de Mule, así como o feito de ter o código dispoñible, permite aos desenvolvedores manter o control da súa infraestrutura.

Mule, a diferenza doutros produtos, permite aos desenvolvedores, integrar diferentes aplicacións dun modo incremental sen afectar á infraestrutura existente na empresa. E como é Software Libre, os desenvolvedores poden adaptalo as súas necesidades no lugar de ser a plataforma a que defina o seu contorno.

Este ESB ten funcionalidade multi-propósito para soportar un amplo rango de tipos de integración típicos nunha empresa. A instalación básica de Mule soporta máis de 30 estándares, protocolos e tecnoloxías, incluíndo: JMS, JBI, EJB, Spring, JDBC, TCP, HTTP, Web Services, MQ Series, etc.

Descarga do software dende a páxina de MuleSource.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal