Mumble, aplicación multiplataforma libre de voz sobre IP (especializada na multiconferencia, de baixa latencia e alta calidade), chega despois de 10 anos con novas características, funcións e melloras no seu funcionamento.
Novidades destacables: novos temas Lite e Dark, axuste do volume de usuario individual, filtrado dinámico de canles, pódese atenuar a outros usuarios mentres falamos como orador, reloxo opcional na superposición, soporte para DirectX11, mellora a xestión de usuarios, manexo de avatar para administradores, gravacións multicanle síncronas incluso despois de varias horas.
