Mumble é un aplicativo VoIP, que ofrece unha alta calidade de comunicación por voz, no que unha das súas principais características é que permite a cancelación do eco. Desta forma evita que as persoas coas que te comunicas escoiten os teus altofalantes.
O uso deste aplicativo está enfocado aos usuarios de xogos en rede, e permite por exemplo que a voz dun xogador veña na dirección de onde se atopa o seu personaxe. Este aplicativo ofrece unha baixa latencia para os xogos, e sobre todo se o comparamos co TeamSpeak2 ou Ventrilo.
Mumble acaba de sacar a súa ultima versión, a 1.1.8, tanto para Linux coma para Mac e Windows. Podes descargar Mumble en http://mumble.sourceforge.net/Main_Page. Esta versión engade unha morea de plugins de audio posicional, novos medios de notificación de eventos, así como unha gran cantidade de correccións e outras melloras do cliente. O uso de recursos do servidor optimizouse e a interface Ice-RPC foi ampliada con novas funcionalidades…
Os xogos que permite a actúal versión estábel aumentaron notabelmente, respecto de anteriores versións, como se pode apreciar nesta lista:
- Age of Chivalry
- Battlefield 2
- Call of Duty 2
- Call of Duty 4
- Call of Duty: World at War
- Counter-Strike: Source
- Day of Defeat Source
- Dystopia
- Garry’s Mod 11
- Half-Life 2: Deathmatch
- Insurgency: Modern Infantry Combat
- Left 4 Dead
- Team Fortress 2
- Wolfenstein: Enemy Territory
- Warsow
- Sauerbraten
- ioquake3
- Regnum-Online
- Battlefield 2142
