Mancomún

MuseScore xa está dispoñible en galego

Luns, 17 Novembro 2008

http://www.mancomun.org/images/stories/muse_score.pngMuseScore é un programa de notación musical libre multiplataforma, con licenza GNU GPL do que xa falamos hai tempo.

Esta aplicación está a ter un desenvolvemento  activo e acadando unha importante comunidade. O pasado setembro publicouse a versión 0.9.3 da que, segundo as estatísticas de sourceforge, xa houbo unhas 10.000 descargas.

Esta aplicación vén de ser traducida ao galego polo voluntario “Xosé” quen a enviou ao proxecto á espera de que a inclúan no programa e tamén a incorporou no noso wiki na lista de aplicacións dispoñibles en galego.

Algunhas das súas características son:

  • WYSIWYG, as notas escríbense nunha “partitura virtual”
  • Número ilimitado de pentagramas
  • Ata catro voces por pentagrama
  • Inserción doada e rápida das notas mediante o rato, o teclado ou MIDI
  • Secuenciador integrado e sintetizador por software FluidSynth
  • Importa e exporta MusicXml e ficheiros MIDI Estándar (SMF)
Tamén se poden ver algunhas capturas de pantalla que permiten ter unha primeira impresión das características desta aplicación. 

Fonte: MuseScore

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal