Nova edición da Amigus Labs, durante toda a Semana Santa na biblioteca do Conservatorio Profesional de Música de As Pontes.
As xornadas de traballo serán do 13 ao 21 de abril de 10:00 a 14:00, aberto para que calquera poida participar nos proxectos como o barco autónomo solar e o vehículo solar para a regata que se celebrará en Baiona en xuño, na fabricación dun escáner 3d, así como na optimización das impresoras 3d de gran formato ou en novos proxectos.
Amigus Labs • Workshops´19
No Amigus Labs potenciarase o uso de software e hardware libre, dende placas Arduino e Raspberry Pi, ata software de programación, deseño, modelado e animación 3d.
Un workshop é un obradoiro, o que quere dicir que os asistentes a el teñen que involucrarse en todo o que alí sucede. Están pensados para adquirir novos coñecementos ou habilidades ou intercambio de impresións á vez que se favorece o traballo en equipo.
A idade mínima para participar nos workshops é de 8 anos en adiante.

Recoméndase levar:
- Portátil o CPU, monitor, rato, teclado e cables.
- Tarxeta de rede Ethernet con conexión RJ45 ou conexión WiFi.
- Regreta de enchufes.
- Cascos para a música, (os altofalantes están prohibidos).
- D.N.I.
- Cargador de teléfono móbil.
Tamén se recomenda:
- Facer unha copia de seguridade dos datos importantes.
- Instalar un antivirus.
A inscrición é gratuíta, e o prazo remata o 12 de abril.
Para apuntarse, debedes enviar un email a amigus@amiguslabs.org (prazas limitadas).
Os menores deben traer a autorización dos pais/titor para asistir a Amigus Labs (PDF).
Organizan: Asociación Informática Amigus • Amigus Labs • Merca Nas Pontes
Colaboran: Concello das Pontes • COHEMPO • ENDESA • EuroEume • Nauta • No Ping • Nodo Dixital • Triade • Severiano Agrocomercial • Escourido Asociados • Clip Carbono • Ferretería Marcos • Lujo • Matojoma • You can school of English • Fitter • Pontesa Marmoles y granitos • Desguaces Vilabella • Óptica Carmela • Servicio Móvil • Areco • Panadería San José • Fotografía Fabian • Don Dino • CONPLC • IcoEume • Preludio Musical • Arprosa • Radio Eter • Conservatorio Profesional de Música
Máis información na web: http://www.amiguslabs.org/amigus-labs-workshops19/
