Mancomún

Nova entrega de Digikam

Venres, 15 Xullo 2016

Recentemente, a mediados da semana pasada, os desenvolvedores de Digikam facían un anuncio esperado durante os dous últimos anos. Digikam 5.0 foi anunciado oficialmente e con el veñen todas as melloras que durante todo este tempo fóronse realizando neste software de edición fotográfica con licencia libre GNU GPLv2.

Durante estes dous últimos anos, fíxose unha substitución da meirande parte do código fonte para adaptalo ás bibliotecas de código Qt5 e con elo facilitalar a introdución do software en novas plataformas de sistema operativo como Windows e OS X.

Novas características de Digikam 5.0

  • Capacidade de recuperar arquivos borrados previamente

  • Novo panel de preferencias, que facilita a xestión de etiquetas, comentarios, datas, ratings…

  • Sincronización dos metadatos da imaxe cos da base de datos

  • Mellora do rendemento da aplicación

  • Nova interface para configurar a base de datos

  • Mellora do recoñecemento facial nas imaxes, agora integrado plenamente en Digikan.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal