Tine 2.0 é un esforzo para crear unha ferramenta usable e estable que sirva de reemprazo de eGroupWare, o líder en software de servidores groupware en Software Libre.
O proxecto pretende refacer eGroupWare desde cero. A vantaxe da que dispoñen é que con este procedemento teñen un software maduro para produción mentras preparan o novo que cubrirá as necesidades futuras do mercado…
Tine 2.0 nace da expulsión en febreiro de 2 dos 3 desenvolvedores principais do núcleo do proxecto eGroupWare, ademais din que tamén “perderon ao webmaster e ao relacións públicas do proxecto”.
A consecuencia disto xurdiu o proxecto Tine 2.0, xa que as opinións e ideas que tiñan estes desenvolvedores non chegaban á xente que tomaba as decisións en eGroupWare.