A través de Lignux.com coñecemos a nova de que GNOME recentemente actualizou a súa guía para novos colaboradores.
A nova guía busca un enfoque práctico e describe o camiño natural máis doado para comenzar a contribuír na comunidade: Escoller un proxecto no que se queira colaborar; aprender a construír o proxecto a partires das fontes de código; identificar un problema ou tarefa na que se desexe traballar e finalmente contribuír o traballo á comunidade.
A simplificación da guía permite acercar un pouco máis o proxecto a futuros colaboradores no xeito que facilita a acercamento como contribuínte activo dentro do proxecto mesmo.
A guía, presentada como unha sinxela guía de catro pasos, tamén achega unha serie de recomendacións básicas de conduta para manter o bo ambiente da comunidade:
- Ser paciente. Pode levar moito tempo antes de que un contribuínte poda axudar. Incídese no uso de mensaxes en abertos como a canle de IRC #newcomer para resolver as dúbidas dos novos participantes.
- Respecto. A comunidade GNOME vese como unha gran familia de todo tipo de culturas e orixes. Buscan unha comunidade segura e cómoda para todos.
- Dispoñer de iniciativa. Os colaboradores de GNOME atopan e deciden traballar en tarefas por conta propia.
Galicia no proxecto GNOME
No marco galego, é de obrigada mención o traballo feito pola asociación Trasno no Grupo de tradución de GNOME ao galego que é o responsable do gran traballo de tradución para manter o nivel de tradución da interface de GNOME ao galego no 100%.
Se tes interese en axudar a facer GNOME mellor podes involucrarte na comunidade de GNOME para axudar a mellorar este software ou mesmo na comunidade de Gnome en galego.
